Vantaxes da sinatura con biometría do teu dispositivo
-
Tes instalada a app do BBVA? Agora, poderás usar na app a mesma sinatura con biometría que utilizas no teu dispositivo, para realizar xestións e autorizar pagamentos con maior nivel de axilidade nos trámites e coa seguridade que che ofrece algo tan único e persoal como a túa impresión dixital ou o teu recoñecemento facial (1).
A súa activación e uso é simple, porque xa non necesitarás recibir claves por SMS con códigos de confirmación ou autorización de moitas das túas operacións, o que fará as túas xestións moito máis cómodas. Lembra que podes activala e desactivala cando queiras.
Vas poder usar a sinatura con biometría do teu dispositivo en operacións como: compras en liña, consultar o CVV, apagar e acender tarxetas, e moitas máis…
Segura e fácil de activar
-
Se tes acceso biométrico no móbil ou na tableta, activar a sinatura con biometría do teu dispositivo é moi fácil dentro da app do BBVA:
1.- Primeiro, activa o teu acceso biométrico
2.- Despois, activa a túa sinatura con biometría do teu dispositivo.Poderás realizar ambas as operacións na opción de Métodos de acceso e Sinatura, dentro da área de Seguridade e privacidade da app.