Faite cliente ao momento
Que é Faite cliente ao momento?
-
É poder facerte cliente a través do web ou do móbil sen esperas, sen papelame nin mensaxeiros: entra en BBVA.es desde o móbil ou descarga a app do BBVA e nuns minutos xa estarás operando coa túa conta online BBVA.
Poderás dispor ao momento de todas as vantaxes de ser cliente BBVA: conta sen comisións de administración nin de mantemento, tarxeta de débito sen comisión por emisión e mantemento, transferencias gratis e ilimitadas na Unión Europea, sen comisións por retirada de efectivo a débito mediante tarxeta en máis de 4.500 caixeiros automáticos e a posibilidade de levares o banco no móbil: efectivo móbil, domiciliar os teus recibos cunha foto, apagar e acender as túas tarxetas, e moito máis!