NIVEL DE RISCO
1/6
As miñas metas: a alternativa do BBVA para aforrar diñeiro cada mes
Establece os teus obxectivos de aforro e as datas para cumprilos.
Que é As miñas metas de aforro ao mes?
-
É poder cumprir os meus obxectivos de aforro de diñeiro comodamente e con notificacións da súa evolución.
Accede á túa área privada, selecciona O meu día a día e despois As miñas metas. Dálles un nome, indica a cantidade de diñeiro que queres aforrar e o prazo (en meses) para cumprilas.
Ademais, poderás configurar as túas achegas periódicas ou facelas de forma puntual, traspasar cantidades entre metas de aforro e recibir notificacións do seu estado.
Ven ao BBVA co Paquete Aforro: Conta Online Sen Comisións + Conta Metas + Regras de aforro
Dá igual para que vas aforrar, o importante é empezar. Con este paquete tes todo o necesario para pór a túa conta en modo aforro.
- Conta Online para o día a día, sen comisións nin condicións. Inclúe a Tarxeta Aqua Débito gratis.
- Conta Metas para os teus aforros, sen comisións. Podes crear metas para conseguires os teus obxectivos (un curso, unha viaxe…).
- Regras de aforro automático para mover diñeiro dunha conta para outra. Poderás activalas desde a app así que tiveres as dúas contas.