Exemplo completo de contratación dun CFD sobre accións

Exemplo sobre accións

  • Imaxinemos que compramos 500 contratos de CFD sobre accións dun emisor que negocia a 11,27 / 11,28 (spread 0,01 €). A marxe que teremos que depositar, por tratarse de CFD sobre accións, será dun 20 %. Polo tanto, a marxe que haberá que desembolsar será a seguinte:

    11,28 x 500 = 5.640 x 20 % = 1.128 €

    Unha vez comprados os 500 CFD a 11,28 €, obteremos ganancias ou perdas en función do movemento do prezo no mercado. Por exemplo:

    • Operación con beneficio:

    Se o prezo de negociación do CFD sobe a 11,60 / 11,61, e decidimos pechar a nosa posición, o resultado será o seguinte:

    (11,60 x 500) – (11,28 x 500) = [5.805 – 5.640 = 165 €]

    No caso dos CFD sobre accións cóbrase unha comisión de compravenda de 6 €, tanto na compra como na venda, e polo tanto o beneficio neto da operación será de 153 €, o que supón unha rendibilidade do 13,56 %.

    • Operación con perda:

    Se, polo contrario, o prezo de negociación do CFD baixa a 10,90 / 10,91, o resultado será o seguinte:

    (10,90 x 500) – (11,28 x 500) = 5.450 – 5.640 = -190 €. Engadindo as comisións de compra e de venda, a perda neta total será de -202 EUR, o que supón unha rendibilidade do -17,90 %.

    • Custo de financiamento nocturno:
    Se en calquera dos dous exemplos anteriores mantemos a posición aberta así que o mercado peche, teremos que engadir aos nosos custos o custo de financiamento nocturno dese día. Este custo calcúlase da seguinte maneira:

    Posición longa: Nocional x (2,5 % + Tipo de referencia%) / 365

    O tipo de referencia neste caso é o euríbor 1M.

    Aplicamos a fórmula para a toma de posicións longas: 5.640 x [2,5 % + (-0,54 %)] / 365 = 0,30 €/día.

Resumo de custos da operación

Nocional da operación

500 x 11,28 = 5.640 EUR 

Marxe 20 %

1.128 EUR

Spread

0,01

Euríbor 1M

-0,54 %

Custo de entrada
500 x 0,01 = 5 / 2 = 2,5 EUR

Comisión de compra

6 €
Custo de financiamento nocturno*
5.640 x [2,5 % + (-0,54 %)] / 365 = 0,30 €
Custo de saída
500 x 0,01 = 5 / 2 = 2,5 €
Comisión de venda
6 €
Custos totais
17,30 € (representa un 0,3 % do investimento inicial)
* Só en caso de manter a posición dun día para outro

BBVA Trader CFD