Exemplo completo de contratación dun CFD sobre divisas

Exemplo sobre divisas

  • Supoñamos que tomamos unha posición curta no CFD do EUR/USD. Para isto, vendemos 10.000 contratos de CFD sobre o par EUR/USD, que cotiza a 1,2156 / 1,2157 (Spread 0,0001). A marxe requirida para esta operación é do 3,33 %.  Polo tanto, a marxe que haberá que desembolsar será a seguinte: 10.000 x 1,2156 x 3,33 % = $404,79

    Aplicando un tipo de cambio EUR/USD de 1,2156, a marxe requirida para a operación será de 333 €.

    Unha vez vendidos os 10.000 CFD a 1,2156, obteremos ganancias ou perdas en función do movemento do prezo no mercado. Por exemplo: 

    • Operación con beneficio:

    Se o prezo de negociación do EUR/USD baixa a 1,2090 / 1,2091 e decidimos pechar a nosa posición, o resultado será o seguinte:

    (1,2156 x 10.000) – (1,2091 x 10.000) = 12.156 – 12.091 = $65, aplicando un tipo de cambio EUR/USD de 1,2091, o resultado da operación será de 53,75 €, o que suporá unha rendibilidade positiva de 16,14 %.

    • Operación con perda:

    Se, polo contrario, o prezo de negociación do EUR/USD sobe a 1,2196 / 1,2197 e decidimos pechar a nosa posición, o resultado será o seguinte:

    (1,2156 x 10.000) – (1,2197 x 10.000) = 12.156 – 12.197 =-$41, aplicando un tipo de cambio EUR/USD de 1,2197, o resultado da operación será de -33,61 €, o que supón unha rendibilidade negativa de -10,09 %.

    • Custo de financiamento nocturno

    Se en calquera dos dous exemplos anteriores mantemos a posición aberta así que o mercado peche, teremos que engadir aos nosos custos o custo de financiamento nocturno. Este custo calcúlase da seguinte maneira:

    Posición curta: Nocional x (1 % - Tipo de referencia 1 % + Tipo de referencia 2 %) / 365

    Neste caso o tipo de referencia 1 é o euríbor 1M e o tipo de referencia 2 é o SOFR.

    Aplicamos a fórmula para a toma de posicións curtas: 10.000 x [1 % + (-0,54 %) - 0,15 %] / 365 = 0,08 €/día.

Resumo de custos da operación

Nocional da operación

10.000 x 1,2156 = $12.156

Marxe 3,33 %

333 €

Spread

0,0001 %

Euríbor 1M
-0,54 %

SOFR

0,15 %

Custo de entrada
10.000 x 0,0001 = 1/2 = $0,5 tipo de cambio de 1,2155 = 0,41 €

Comisión de compra

0
Custo de financiamento nocturno*
$12.156 x [1 % - (-0,54) - 0,15 %] / 365 = $0,10 tipo de cambio de 1,2156 = 0,08 €
Custo de saída
10.000 x 0,0001 = 1/2 = $0,5 tipo de cambio de 1,2156 = 0,41 €
Comisión de venda
0
Custos totais
0,9 € (representa un 0,009 % do investimento inicial).
* Só en caso de manter a posición dun día para outro

BBVA Trader CFD