- Debes ter menos de 75 anos no momento da contratación.
- Non é preciso realizar ningún cuestionario de saúde.
- Non hai unha idade máxima para finalizar o seguro.
Asistencia médica en liña e presencial
-
4.200 CENTROS EN ESPAÑA
O seguro médico BBVA Salud Contigo ofréceche asistencia extrahospitalaria: medicina xeral, pediatría, servizos de enfermaría, acceso a especialistas, centros médicos e probas de diagnóstico do cadro médico de Sanitas.
Se necesitas cobertura de hospitalización ou intervencións cirúrxicas, consulta o noso seguro BBVA Más Salud.
-
E tamén sen te moveres da casa
- Servizo de videoconsulta con profesionais en todas as especialidades médicas e urxencias 24 horas en medicina xeral e atención pediátrica (sen cita previa).
- Plans de saúde dixitais (como nutrición ou benestar emocional).
- Servizos a domicilio: envío de medicamentos desde a farmacia (ata 6 veces por persoa asegurada ao ano) e analítica a domicilio (2 veces por persoa asegurada ao ano).
Que cobre?
-
Coberturas básicas
- Medicina primaria e especialidades: xinecoloxía, pediatría, cardioloxía, etc.
- Probas diagnósticas simples e complexas: radiografías, ecografías, resonancias, etc.
- Métodos terapéuticos simples: curas, inxectables, sesións de rehabilitación, etc.
- Cobertura dental básica: curas, limpezas e extraccións.
- Podoloxía: 12 sesións por persoa asegurada ao ano.
- Psicoloxía: 15 sesións por persoa asegurada ao ano.
- Logofoniatría: 80 sesións por persoa asegurada ao ano.
- Urxencias telefónicas 24 horas.
- Consulta médica 24 horas en medicina xeral e pediatría por videoconsulta ou teléfono: Consulta cun médico por videoconsulta ou teléfono sobre dúbidas en medicina xeral e pediatría.
Coberturas especiais incluídas- Videoconsulta con especialistas: Máis de 3100 profesionais en todas as especialidades médicas.
- Prescricións dixitais de probas e medicamentos.
- Videoconsulta de urxencia 24 horas tanto en medicina xeral como en pediatría.
- Videoconsulta a 3. Permíteche engadir alguén que te acompañe na túa cita estea onde estiver.
- Programas de asesoramento dixitais, sen límite de sesións: nutrición, psicoloxía, adestramento persoal, materno-infantil, programa neno san, coidado do diafragma da pelve, deshabituación tabáquica.
- Reembolso do 50% en medicamentos (máximo 200 € por persoa asegurada ao ano).
- Servizos a domicilio: envío de medicamentos sen custo (ata 6 veces por persoa asegurada ao ano) e analítica a domicilio (2 veces por persoa asegurada ao ano).
- Videoconsulta 24 horas en enfermaría: Consulta con un profesional de enfermería sobre curas, heridas, vacunas, preparación para pruebas médicas, tratamientos, etc.
COBERTURAS DIXITAIS- Fisio dixital: tratamento e rehabilitación física en liña, ademais de asesoramento para previr lesións futuras.
- Revisa a túa saúde: Servizo dixital orientado ao coidado preventivo da saúde, mediante unha revisión xeral composta polas seguintes probas: análise facial para riscos metabólicos (hipertensión, diabetes tipo II, hipercolesterolemia, hipertrigliceridemia), auditiva, cardiolóxica, dermatolóxica e avaliación psicolóxica.
- Coida a túa mente: acceso ao mellor cadro médico por videoconsulta e presencial cando o necesites.
Personaliza o teu seguro
-
Podes engadir coberturas opcionais como por exemplo: reembolsos en consultas de pediatría e xinecoloxía fóra do cadro médico de Sanitas, reembolsos en material de óptica e cobertura médica para mozos que vaian estudar fóra de España.
Canto custa?
-
O Seguro BBVA Salud Contigo ten un custo de 37 € ao mes. Unicamente se engadirán no teu recibo os posibles gastos realizados en concepto de copagamento.
E tes a oportunidade de aforrar
Interésache?
Contrata desde a app o teu Seguro BBVA Salud Contigo por 37 € ao mes
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Outros produtos que che poden interesar
-
Benefíciate dunha asistencia sanitaria completa con acceso ao cadro médico de Sanitas. Inclúe hospitalización e intervencións cirúrxicas. O teu seguro médico con coberturas personalizadas segundo as túas necesidades.
Se o contratas ata o 15 de febreiro de 2025 suxeito ás condicións, levarás de regalo servizos a domicilio (analíticas e envíos de medicamentos) e un reembolso do 50% en medicamentos ata 200 €/ano.
-
Tranquilidade e apoio económico para ti e para os teus. Inclúe servizos médicos en liña e telefónicos desde o primeiro día.
-
Agrupa os teus seguros BBVA, fracciona o seu pagamento mes a mes e consigue ata o 15 % de aforro nos teus recibos.
Por que con BBVA Seguros?
- Miles de persoas xa confiaron en nós para aseguraren a súa saúde.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma transparente, clara e responsable de facer banca.