20 de xaneiro
Blue Monday
O día máis triste do ano.
Que é o Blue Monday?
Cando se celebra o Blue Monday?
O Blue Monday, como ben ditaminou a fórmula do profesor Cliff Arnall, ten lugar o terceiro luns do mes de xaneiro. Os motivos? Coinciden nel unha serie de factores negativos:
- É o peor día da semana, ao ser o comezo desta.
- Xa pasou o tempo suficiente desde o inicio do ano para abandonarmos os propósitos de Ano Novo.
- Aínda non se cobrou a nómina do mes de xaneiro.
- Empezamos a sentir a presión dos gastos realizados no período do Nadal.
- O clima é máis chuvioso e, ademais, o frío aumenta.
Por que se lle denomina Blue Monday?
Blue Monday componse de dous termos:
- Por unha banda, Monday, cuxa tradución ao galego é 'luns', primeiro día da semana.
- Por outra temos Blue, que aínda que significa 'azul', é un termo que se utiliza para remarcar que algo xera tristura ou infelicidade.
De aí que, unificando os dous, obteñamos o que se denominou en galego como 'Luns Triste'.
Ofertas no Blue Monday
Se queres financiar as compras no Blue Monday, simula o teu préstamo
Necesitas máis información?
A orixe do Blue Monday remóntase a 2005, cando o psicólogo Cliff Arnall creou unha fórmula para calcular cal era o día máis deprimente do ano .
Como esta fórmula se orixinou como base para a campaña da axencia de viaxes Sky Travel, foi criticada e cualificada como 'pseudociencia'. Mesmo así, o Blue Monday converteuse nun día coñecido a nivel mundial.
Sentir tristura é normal en calquera día do ano, non só no Blue Monday. O importante é aprender a xestionar esta emoción con pequenas accións que te fagan sentir mellor como falar cos seres queridos, proporte metas doadas ou concentrarte en vivir o presente.
Tamén podes aproveitar as ofertas do Blue Monday que numerosas marcas lanzan para animar o día máis triste do ano.
Outras datas importantes
-
Día dos Solteiros
En contraposición ao Día de San Valentín (ou dos Namorados), o Día dos Solteiros celebra o orgullo que para moitas persoas significa estaren solteiras. Esta festividade foi creada por uns estudantes da Universidade de Nanjing, na China, e hoxe é moi popular en España. -
San Valentín
O Día de San Valentín é unha festividade para celebrar o amor entre parellas e entre amigos. O Día de San Valentín, tamén chamado Día dos Namorados, celébrase o día 14 de febreiro en case todos os países. -
Día do Pai
O Día do Pai é unha celebración ou homenaxe dedicada aos pais. En xeral, a tradición católica europea conmemórao o 19 de marzo, día de San Xosé, pai adoptivo de Xesús.