Xestión da débeda
Mantén a débeda baixo control
Descubre que é importante teres en conta para que a débeda non impacte na túa saúde financeira
-
Control da débeda
Coñece en todo momento se o volume da túa débeda é asumible ou sería conveniente reducilo. -
Marxe de financiamento
Descubre a canto ascende a túa marxe para seguir recorrendo a financiamento co que poderes levar a cabo proxectos. -
Saúde financeira
Descubre cal é o limiar de débeda que non deberías superar se queres que a túa saúde financeira non se vexa comprometida.
Como funciona?
-
Para calcular a túa capacidade crediticia máxima recomendable temos en conta os teus ingresos medios estimados e o esforzo de pagamento mensual que supoñen os produtos de débeda que teñas contratados (hipoteca, préstamos, pagamentos realizados con tarxeta e que financiases e/ou fraccionases).
Unha vez que coñeces a suma do que debes, hai que restalo ao que tes (diñeiro en conta + investimentos + o valor de mercado da túa vivenda) e dará como resultado o valor do teu patrimonio, unha cifra que che dá perspectiva sobre a túa situación económica actual e supón un punto de partida para planificares o futuro.