Orzamentos

Planifica facilmente os teus gastos mensuais.

Mantén os gastos baixo control con Orzamentos

Podes crear os teus orzamentos tanto na app BBVA como na área privada de bbva.es.
  • Establece un límite para os teus gastos en determinadas categorías (transporte ou moda e beleza, por exemplo).
  • Engade todos os orzamentos que precises. Podes definilos por categorías e subcategorías. 
  • Sigue os orzamentos mediante un sinxelo código de cores. 

Como funciona a experiencia Orzamentos?

  • Manteres o control dos teus gastos mensuais é fácil e cómodo con "Orzamentos". Establece a cantidade máxima que queiras gastar ao mes en calquera das categorías ou subcategorías (lecer, transporte e viaxes, moda e beleza, fogar). 

    Segundo vaias facendo pagamentos, o importe destes irase descontando da cantidade que marcases como límite. Para non excederes o orzamento, recibirás avisos cando superes unha determinada porcentaxe.

Unha ferramenta para medires facilmente a evolución dos teus gastos

  • Barra verde

    O indicador móstrase verde mentres o teu gasto mensual sexa inferior ao 70 % da cantidade que marcaches como límite.
  • Ilustración dun velocímetro cuxa frecha marca unha velocidade intermedia.

    Barra amarela

    A cor amarela determina que o teu nivel de gasto resulta superior ao 70% da cantidade límite do orzamento.
  • Barra vermella

    Por último, o medidor de gastos pasará a vermello sempre que o teu volume de gasto supere o límite que estableceses.

O teu banco no móbil coa app do BBVA

Se aínda non a tes, descarga a app do BBVA e accede á experiencia Orzamentos a través do panel de saúde financeira, situado no menú inferior dentro da túa posición global.