Apple Pay: a túa tarxeta BBVA no teu iPhone
Paga en calquera lugar a través do teu iPhone.
Como funciona Apple Pay?
-
En iPhone
- Unha vez rexistrada a tarxeta para poderes usar Apple Pay, terás que utilizar unha función ou outra segundo a versión de iPhone que teñas:
- Co iPhone 6 ou superior utiliza Touch ID (1): pon o dedo no sensor e achega o dispositivo ao lector.
- Co iPhone X utiliza Face IDE: fai dobre clic no botón lateral, mira á pantalla e achega o iPhone ao lector.
(1) Apple Pay funciona co iPhone 6 ou posterior en tendas, apps e sitios web, a través de Safari; co Apple Watch en tendas e apps (require un iPhone 6 ou superior); co iPad Pro, iPad (5ª xeración), iPad Air 2 e iPad mini 3 ou posteriores en apps e sitios web a través de Safari; e co Mac (2012 ou posterior) en sitios web a través de Safari usando un iPhone ou un Apple Watch con Apple Pay activado. Para veres a lista de dispositivos compatibles con Apple Pay, consulta esta páxina.
- Unha vez rexistrada a tarxeta para poderes usar Apple Pay, terás que utilizar unha función ou outra segundo a versión de iPhone que teñas:
Como pagar con Apple Pay?
-
A continuación explicámosche as diferentes formas que tes de pagar con Apple Pay:En Apple Watch
- Inicia a app Apple Watch no teu iPhone, selecciona Wallet e Apple Pay.
- Selecciona Engadir tarxeta de crédito ou débito e segue as instrucións que aparecerán en pantalla.
- Cando queiras utilizar o teu Apple Watch para pagar, simplemente fai dobre clic no botón lateral e achégao ao lector.
Pagamento a través de InternetAsí que rexistres a túa tarxeta en Apple Pay, utilizar esta aplicación para pagar na mesma app e ou en sitios web é moi sinxelo: no primeiro caso non tes máis que seleccionar Apple Pay no momento de pagar e identificarte con Face ID ou Touch ID. Se estás utilizando Safari no teu iPhone, iPad ou Mac basta con que o selecciones, sen ter que crear contas nin completar formularios interminables.