Préstamo Complemento Fondos Next Generation

Cobre a parte do teu proxecto que non estea subvencionada polos fondos públicos

  • Ata 10 de anos de prazo.
  • Podes escoller entre tipo de xuro fixo ou variable.
  • Carencia de capital de ata 3 anos (neste tempo só pagas a parte de xuros).

Financia o 100 % do proxecto

  • Combina subvención pública e financiamento

    Queremos que o teu proxecto de dixitalización, eficiencia enerxética ou sostibilidade chegue máis lonxe. Por iso, se pediches unha subvención a través dos fondos públicos europeos Next Generation, pero necesitas máis capital, podes utilizar este préstamo como complemento.

O prezo é personalizado

  • Tipo de xuros

    Antes de pechar un tipo de xuro para o préstamo, comentamos contigo os detalles do teu proxecto. Aínda que o prezo é personalizado, deixámosche un exemplo para que che sirva de referencia.

    Ver exemplo

    Comisións

    Hai 2 comisións que debes ter en conta:

    - Comisión de apertura: só se paga unha vez. Ata un 3 % do importe total.  

    - Comisión de cancelación anticipada: págase cada vez que fas un pagamento extra para amortizar o préstamo en menos tempo. Ata un 5 % do pagamento extra.

Podes escoller entre cotas mensuais, trimestrais, semestrais ou anuais.

Que condicións é preciso cumprir?

  • Requisitos

    Só necesitas:

    • Ser autónomo ou peme.
    • Ter conta no BBVA. 
    • Que solicitases unha subvención a través dos fondos Next Generation. Non é preciso que xa cha concedesen, abonda con que a pedises.

    Ten en conta que estudamos cada caso e que a concesión sempre está suxeita á aprobación previa do banco. 

Interésache?

Podes enviar unha solicitude de produtos de financiamento para fondos europeos Next Generation e contactaremos contigo o máis axiña posible.

Dúbidas que che poden xurdir

Tamén che podería interesar

Ser cliente do BBVA

  • No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
  • Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.