Préstamo Anticipo Fondos Next Generation

Se pediches financiamento público, non tes que esperar a recibilo

  •  Conta co 100 % da subvención máis rápido.
  • Reduce tempos e aproveita posibles oportunidades.
  • Podes pedilo se solicitaches fondos Next Generation, tanto se chos concederon como se aínda estás a esperar pola resposta.

Acelera o teu proxecto

  • O tempo é un recurso importante

    Cando pides unha subvención pública a través dos fondos europeos Next Generation, pode pasar un tempo ata teres o diñeiro dispoñible. Deseñamos este préstamo para que non teñas que esperar nin tan sequera a saber se che concederon a axuda.

Canto custa?

  • O prezo é personalizado

    Cada proxecto é diferente, por iso, antes de darche un prezo analizamos o teu proxecto e as túas necesidades. Para que teñas unha referencia, deixámosche un exemplo con cifras:

    Ver exemplo

Que condicións é preciso cumprir?

  • Requisitos

    Só necesitas:

    • Ser autónomo ou peme.
    • Ter conta no BBVA. 
    • Que solicitases unha subvención a través dos fondos Next Generation. Non é preciso que xa cha concedesen, abonda con que a pedises.

    Ten en conta que estudamos cada caso e que a concesión sempre está suxeita á aprobación previa do banco. 

Interésache?

Podes enviar unha solicitude de produtos de financiamento para fondos europeos Next Generation e contactaremos contigo o máis axiña posible.

Dúbidas que che poden xurdir

Tamén che podería interesar

Ser cliente do BBVA

  • No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
  • Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.