Leasing Mobiliario Fondos Next Generation
Aluga equipamento máis eficiente con posibilidade de compralo
-
De 2 a 10 anos de prazo.
-
Podes escoller entre tipo de xuro fixo ou variable.
-
Carencia de capital de ata 3 anos (neste tempo só pagas a parte de xuros).
Como funciona?
-
Unha boa alternativa á compra
O leasing é unha forma de financiamento que che evita teres que facer un gran desembolso inicial para dispores de novas máquinas, ordenadores, etc. O banco compra un determinado equipamento e alúgacho. Ao final, tes a opción de comprar, se che interesa.
Complementa a subvención
-
Leasing e fondos Next Generation
Deseñamos o Leasing Mobiliario Fondos Next Generation para complementar a subvención que recibas dos fondos públicos. Se che concederon unha cantidade para o teu proxecto, pero interésache combinala cun leasing para acceder a equipamento sen ter que compralo nun primeiro momento, esta pode ser unha boa opción.
Ten en conta que tes que comprobar se o leasing é unha opción compatible co proxecto e co programa dos fondos públicos que te subvenciona.
O prezo é personalizado
-
Tipo de xuros
Antes de pechar un tipo de xuro para o préstamo, comentamos contigo os detalles do teu proxecto. Aínda que o prezo é personalizado, deixámosche un exemplo para que che sirva de referencia.
Comisións
Hai 2 comisións que debes ter en conta:
- Comisión de apertura: só se paga unha vez. Ata un 3 % do importe total.
- Comisión de cancelación anticipada: págase cada vez que fas un pagamento extra para amortizar o préstamo en menos tempo. Ata un 5 % do pagamento extra.
Que condicións é preciso cumprir?
-
Requisitos
Só necesitas:
- Ser autónomo ou peme.
- Ter conta no BBVA.
- Ter concedida unha subvención a través dos fondos Next Generation e que sexa compatible co leasing (isto depende da convocatoria e de cada comunidade autónoma).
Ten en conta que estudamos cada caso e que a concesión sempre está suxeita á aprobación previa do banco.
Dúbidas que che poden xurdir
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.