Google Pay
Que é Google Pay?
-
Comezar a utilizar Google Pay para facer as túas compras é moi fácil. Só necesitas engadir as túas Tarxetas BBVA ao Google Pay. Ademais, pódelo facer directamente desde a app do BBVA sen necesidade de instalares outra app. É tan sinxelo como decidir con que tarxeta queres pagar, seleccionala desde a "Posición global" da app e premer o botón "Configurar Google Pay".
A que esperas para engadir a túa Tarxeta BBVA ao Google Pay e gozar de todas as súas vantaxes?
- Paga co teu móbil Android en tendas físicas sen necesidade de levares nada máis. Para facelo só terás que desbloquear o teu móbil e achegalo ao TPV.
- Paga en webs e apps sen teres que teclear o número da tarxeta en cada compra. É tan cómodo como buscar o logo de Google Pay e premer sobre o botón para seleccionar este sistema de pagamento.
- Compra de forma segura. Cando usas Google Pay para realizar os teus pagamentos, a información real da túa tarxeta nunca se comparte co comercio, senón que se envía, no seu lugar, un número cifrado único por operación.
Consulta que tarxetas se poden engadir a Google Pay na app do BBVA. A lista de tarxetas do BBVA que non se poden incluír no Google Pay recóllese nos Termos e condicións de BBVA-Google Pay.
Google Pay é unha marca rexistrada de Google LCC. Para pagar coa app do BBVA é necesario que o titular da tarxeta BBVA teña un dispositivo Android compatible.